jueves, 21 de mayo de 2020

A AUGA QUE CAMIÑA E AS CORES DE MIRÓ

CANDO VIMOS A OBRA DE JOAN MIRÓ NA ESCOLA, LIMOS QUE ENTRE AS CORES QUE MÁIS USABA ESTABAN AS PRIMARIAS, É DICIR, VERMELLO, AMARELO E AZUL. 

HOXE PROPÓÑOVOS UN EXPERIMENTOS QUE TEN AS CORES COMO ELEMENTO PRINCIPAL. A TRAVÉS DESTAS CORES PRIMARIAS, DESCUBRIREMOS DE MANEIRA MOI DOADA AS MEZCLAS QUE SE VAN FORMANDO. 

¿QUE NECESITAMOS?
  • VASOS TRANSPARENTES
  • COLORANTES AZUL, VERMELLO E AMARELO.
  • PAPEL ABSORBENTE
  • AUGA
PASOS A SEGUIR:
  1. COLOCA SETE  VASOS EN FILA E BOTA AUGA NO PRIMEIRO, TERCEIRO, QUINTE E SÉPTIMO.
  2. AGREGA 5 GOTAS DE COLORANTE VERMELLO NO PRIMEIRO VASO E NO DERRADEIRO.
  3. AGREGA 5 GOTAS DE COLORANTE AMARELO NO TERCEIRO VASO.
  4. E POR ÚLTIMO AGREGA 5 GOTAS DE COLORANTE AZUL NO QUINTO VASO
  5. AGORA COLLE PAPEL ABSORBENTE COMO O QUE USAMOS NA COCIÑA E DOBLAO A METADE DÚAS VECES. 
  6. DEBES COLOCAR OS PAPEIS DE VASO Á VASO, DE MANEIRA QUE SE CONECTEN UNS COS OUTROS.
QUE PASARÁ?
É HORA DE OBSERVAR O QUE VAI A PASAR, QUE PENSADES QUE SUCEDERÁ?
XA ME CONTAREDES QUE TAL FOI ESTE EXPERIMENTO E CAL FOI O RESULTADO!

QUE MÁIS PODEMOS FACER?
SEMPRE LLE DIGO ÁS FAMILIAS QUE O PRIMEIRO PASO É VIVENCIAR, SENTIR, VER A AXTIVIDADE, PRIMEIRO SON OS SENTIDOS, É O MEDIO POR O CAL OS PEQUENOS APRENDEN.
DESPOIS DE FACER ESTE EXPERIMENTO PODEMOS CREAR CO NEN@ UN LIBRO DOS NOSOS EXPERIMENTOS, CREAR A PORTADA ESCRIBINDO A PALABRA EXPERIMENTOS OU A FRASE "OS MEUS EXPERIMENTOS" COS MÁIS MAIORES. E DESPOIS DE FACER ESTA ACTIVIDADE SERÍA O MEMENTO PARA REFLEXALA EN PAPEL, QUE NECESITAMOS, COMO O FIXEMOS E O QUE PASOU.
TEN QUE SER ESCRITO? NON, PODE SER A TRAVÉS DE DEBUXOS, PALABRAS E OS MÁIS MAIORES SEGURO QUE QUEREN ESCRIBIR ALGO MÁIS.
SÓ TEMOS QUE DEIXALOS FACER E EXPERIMENTAR.


"O NENO NON XOGA PARA APRENDER, PERO APRENDE PORQUE XOGA" 
PIAGET. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario