miércoles, 10 de junio de 2020

RECICLANDO CERAS

XA ESTAMOS AO FINAL DO CURSO, ESTE UN POUCO DIFERENTE. AO RECOLLER O MATERIAL NA ESCOLA, ATOPEIME CON MOITAS PINTURAS DE CORES QUE ERAN DEMASIADO PEQUENAS PARA USALAS O PRÓXIMO CURSO, ASÍ QUE, QUE MELLOR QUE RECICLALAS PARA QUE AS POIDAS REUTILIZAR OS MÁIS PEQUENOS.
SE TENDES POLA CASA CERAS CE CORES QUE PENSÁBADES TIRAR, BOTADE OLLO A COMO O FIXEN, É MOI SINXELO E O RESULTADO SEGURO QUE GUSTA!
 1. ESCOLLEMOS AS CERAS MOI PEQUENAS PARA USAR.

2.METÉMOS AS CERAS EN MOLDES DE SILICONA DA FORMA QUE MÁIS NOS GUSTE.



3. METÉMOLAS AO FORNO A 190 GRAOS ATA QUE VEMOS QUE SE DERRETEN. HAI QUE  VIXILALAS!

4. SACÁMOLAS DO FORNO E REMEXEMOS CON UN PAUCIÑO ATA QUE QUEDEN UNIFORMES.

         

5. DEIXAMOS QUE ENFRÍEN NOS MOLDES, TARDAN MOI POUQUIÑO. DESPOIS SACÁMOLAS E LISTO, XA PODEMOS PINTAR DE MIL CORES!

No hay comentarios:

Publicar un comentario