martes, 17 de septiembre de 2019

COMEZAMOS O CURSO!!!

ESTOS PRIMEIROS DÍAS ESTÁN SENDO UN POUCO DUROS NO COMEZO DA MAÑÁ, PERO A MEDIDA QUE VAI PASANDO O TEMPO XA NOS SENTIMOS COMA NA CASA! ASÍ DE CONTENTOS ESTAMOS!!












BENVIDOS A TODOS E A TODAS!!

domingo, 8 de septiembre de 2019

IMPORTANTE!!! REUNIÓN DE INICIO DE CURSO

BOAS TARDES!!

O VINDEIRO DÍA 11 DE SETEMBRO ÁS 10:00 DA MAÑÁ E DENTRO DO PROXECTO “O PRIMEIRO DÍA DE ESCOLA MELLOR EN FAMILIA", INICIAREMOS O CURSO ESCOLAR CUNHA REUNIÓN INFORMATIVA NA AULA COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3, 4, E 5 ANOS. UNHA VEZ FINALIZADA IRÉMOS Á SEDE DE LEIRO ONDE PODERES COÑECER AOS ESPECIALISTA QUE DARÁN CLASE DURANTE ESTE CURSO, ASÍ COMA SERVIZOS QUE OFERTAMOS COMA O TAXI E A ANPA DO CRA.

UN SAUDO AGARIMOSO!!


miércoles, 26 de junio de 2019

VISITA DO AVÓ PEPE



Como ben sabedes, este ano os nenos/as dedicaron parte do seu tempo a un proxecto sobre os nosos maiores para valorar a súa importancia nas nosas vidas.

Na escola de Ribadumia agradounos recibir a axuda dun dos nosos maiores, o avó de Lois, Pepe, que tivo a xentileza de pintar o muro do noso cole deixándoo precioso. Sentiámonos todos/as moi agradecidos/as, así que decidimos prepararlle un agasallo entre as aulas A e B de Ribadumia: fixémoslle un retraro moi colorido, e tamén pintamos uns debuxos sobre as cousas que lle gustan ao avó Pepe e encadernámolos para facerlle un libro.

Hai uns días o avó Pepe achegouse ata o cole de Ribadumia, onde os nenos/as lle deron os regaliños.







A profe Marta encargouse de escribir un poema sobre a súa vida, que nos leu o avó Pepe durante a súa visita.






Grazas aos avoíños pola súa dedicación e axuda, e grazas especialmente a Pepe por ese muro tan alegre. Volve cando gustes!!!






CUMPLES DO VERÁN



O derradeiro mércores de xuño foi un día moi especial para algúns dos nosos compañeiros/as, xa que celebramos os seus respectivos aniversarios xunto cos amiguiños/as da aula da profe Marta.

Nada máis chegar elaboramos a torta de chocolate e galleta con moitísimo amor💗





Iago, Valentina e Aroa eran os nosos homenaxeados e, como non podía ser doutro modo, sopraron as velas con moita enerxía.









PARABENS IAGO!!!









PARABENS VALENTINA!!!











PARABENS AROA!!!



Os compañeiros/as e as profes desexamos que sexades moi felices e cumprades moitos máis!😄

A torta e a merenda foron un éxito. Moitísimas grazas ás familias pola vosa colaboración nun día tan especial para eles.








Os nenos/as demostraron o maiores que se van facendo, xa que colaboraron na preparación da festa e axudáronse uns aos outros para deixalo todo recollido ao rematar. Felicitacións das profes!😉




FELIZ VERÁN A TODO O MUNDO!!!






















































































Excursión a Campolameiro




     A nosa saída a Campolameiro resultou moi divertida:





Ensináronnos como facían lume os homes primitivos








              Elaboramos a nosa propia pintura con barro, e usámola para un mural rupestre







Machacamos grans e sementes para facer fariña











Desfrutamos dun paseo precioso ata os petroglifos de Campolameiro e visitamos  as pallozas para coñecer mellor o estilo de vida da xente da época.













E repuxemos forzas cunha merenda ao aire libre








 Foi un día sensaciona!!!




lunes, 3 de junio de 2019

XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL

O PASADO MARTES DESFRUTAMOS DUNHA INTENSA XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL COA AXUDA DA DXT E PACO DA "AUTOESCOLA BARRANTES", ONDE FIXEMOS UN CIRCUITO, NOS EXPLICARON AS PRINCIPAIS NORMAS DE TRÁFICO QUE TEMOS QUE TER EN CONTA PARA SALVAGARDARNOS E VIMOS COMO ERA UNHA MOTO DE TRÁFICO E UN CAMIÓN POR DENTRO. TÁMEN PARTICIPAMOS NUN OBRADOIRO DE CLOWN DA MAN DE FÁTIMA REY DE TATANA TEATRO E FINALMENTE COÑECEMOS O TRABALLO QUE LEVAN A CABO NO COLOMBÓDROMO DERBY RÍAS BAIXAS.
MOITAS GRAZAS A TODOS OS QUE FIXESTES POSIBLE ESTA XORNADA!!FOI UN PLACER!!














domingo, 19 de mayo de 2019

O AVÓ DE MARCOS

ESTA SEMANA, TIVEMOS O PRACER DE COÑECER AO AVÓ DE MARCO DA ESCOLA DE LEIRO, QUE NOS EXPLICOU COMO SE FAN OS CESTOS. PUIDEMOS VER DIFERENTES MODELOS QUE CONFECCIONOU, EXPLICOUNOS OS MATERIAIS QUE EMPREGABA E MESMO FIXO DOUS CESTOS PARA ESCOLA.
MOITAS GRAZAS AOS COMPAÑEIROS DE LEIRO POR INVITARNOS A DESFRUTAR DESTA EXPERIENCIA E SOBRE TODO AO AVÓ DE MARCOS, POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS SOBRE OS MESMOS.