miércoles, 16 de octubre de 2019

APRENDENDO CO OUTONO

CO OUTONO CHEGAN OS CAMBIOS Á NOSA CONTORNA. VEMOS FROITAS E VERDURAS QUE SÓ ATOPAMOS NESTA ÉPOCA E O CHAN COMEZA A ENCHERSE DE FOLLAS.
DESDE A AULA ESTAMOS A TRABALLAR E COÑECER MELLOR ESTA ESTACIÓN DO ANO GRAZAS Á COLABORACIÓN DAS FAMILIAS, CREANDO O QUE AO FINAL SE CONVERTIU NA NOSA MESA DE OUTONO.
 


                       


 





O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI OBSERVAR, TOCAR E ULIR, A TRAVÉS DOS SENTIDOS DESCUBRIMOS SE OLE DOCE OU NON, QUE TEXTURA TEN...



E SEGUIMOS SACÁNDOLLE PARTIDO A TODAS ESTAS COUSIÑAS REALIZANDO DIFERENTES ACTIVIDADES COMO AGRUPACIÓNS, CLASIFICACIÓNS, CONTEO, MEDICIÓNS, COMPARACIÓNS, DEBUXAMOS, EXPERIMENTAMOS, ESCRIBIMOS...EN RESUMO...¡APRENDEMOS XOGANDO!




 


MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN E BOA ACOLLIDA DESTA PROPOSTA.


No hay comentarios:

Publicar un comentario