lunes, 28 de octubre de 2019

UNHA GRAN SORPRESA

   A SEMANA PASADA TIVEMOS UNHA GRAN SORPRESA DA MAN DA NOSA CARTEIRA. RECIBIMOS UNHA POSTAL, PERO NON UNHA POSTAL CALQUERA. ERA UNHA POSTAL ENVIADA POR A NOSA COMPAÑEIRA VERA CANDO ESTIVO DE VACACIÓNS EN DINAMARCA UNS DÍAS ANTES.
TODOS OS COMPAÑEIROS E EU QUEDAMOS ABRAIADOS CON ESTE XESTO DE CARIÑO. ENSEGUIDA OS  MAIORES SE PUXERON A LER O QUE NOS ESCRIBIU E DESPOIS A PROPIA AUTORA LLA LEU AOS PEQUENOS. FALAMOS DA POSTAL E DE COMO FIXO PARA QUE NOS CHEGASE Á ESCOLA.


 

 

MOITÍSIMAS GRACIAS Á FAMILIA DE VERA POR DEDICARLLE TEMPO A ESTA SORPRESA. FOI UN PRACER VER A SÚA CARA DE ORGULLO E FELICIDADE E AOS SEUS COMPAÑEIROS AGRADECÉNDOLLO CON BICOS E APERTAS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario