viernes, 15 de noviembre de 2019

CONQUISTANDO O ESPACIO

POUCO A POUCO SEGUIMOS INTRODUCÍNDONOS NO TEMA DO PROXECTO DO CRA. UNHA VEZ MÁIS AS FAMILIAS SORPRENDÉRONOS CON MOITAS COUSAS INTERESANTES SOBRE O UNIVERSO, MAQUETAS FEITAS COS NENOS, MINIATURAS DOS PLANETAS, LIBROS, MINIPROXECTOR DOS PLANETAS, XOGOS, PEGATINAS ESPACIAIS...E NON DEIXAN DE CHEGAR COUSIÑAS QUE NOS INTERESAN MOITO. ASÍ QUE UNHA VEZ MÁIS TOCA DAR AS GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS POR ESA IMPLICACIÓN CADA VEZ QUE AS NECESITAMOS. 

 

 







COMEZAMOS REPRESENTADO A GRAN EXPLOSIÓN DO BIG BANG QUE VIVENCIAMOS A TRAVÉS DUN SINXELO EXPERIMENTO A SEMANA PASADA. PARA ESTO UTILIZAMOS UN PULVERIZADOR, CEPILLO DE DENTES E MOITA PINTURA

 


E SEGUIMOS AVANZADO PLASMANDO A NOSA GALAXIA CON PINTURA, TRABALLANDO A MOTRICIDADE, OS SENTIDOS E AS FORMAS:




E NA SEDE DO CRA, DESPOIS DE LER O CONTO "A LÚA LADROA" E DECORAR UN MÓBIL DE ESTRELAS, NA AULA DE INFORMÁTICA ESTIVERON A CREAR A SÚA PROPIA CHEGADA Á LÚA:
 

 



MOITAS GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS E SEGUIREMOS INVESTIGANDO E CREANDO O NOSO PROXECTO SOBRE O UNIVERSO.


No hay comentarios:

Publicar un comentario