viernes, 8 de noviembre de 2019

DESPEGANDO

3..2..1...0...IMOS CARA O UNIVERSO. COMEZAMOS A INTRODUCIRNOS NO TEMA DO PROXECTO DESTE CURSO "O UNIVERSO". PARA EMPEZAR E SABER AS IDEAS PREVIAS QUE TEMOS ESCRIBIMOS O QUE SABÍAMOS SOBRE ESTE TEMA.

DESPOIS, NA BIBLIOTECA DO CRA, SUMERXÍMONOS NOS LIBROS DO UNIVERSO, OBSERVANDO, FACENDO HIPÓTESIS, LENDO E PREGUNTANDO. 
 
 

 

NA AULA COMEZAMOS POUCO A POUCO E PARA VIVENCIAR O BIG BAN FIXEMOS UN EXPERIMENTO CON PLASTILINA, "RECREANDO" COMO SE FORMARON OS DIFERENTES PLANETAS, ESTRELAS E DEMAIS MATERIA QUE EXISTE NO UNIVERSO.

E TAMÉN POUCO A POUCO IMOS INCORPORANDO PROPOSTAS RELACIONADAS CO UNIVERSO: TRASVASES, ENSARTAR PARA TRABALLAR A MOTRICIDADE FINA, CONTEO...E PRONTO CHEGARÁN MÁIS.
 

 
  






ASÍ QUE ANIMO A TODAS AS FAMILIAS A QUE PARTICIPEN CON NÓS NESTE PROXECTO APORTANDO CALQUERA COUSA (NOTICIAS, IMAXES, XOGUETES, LIBROS,EXPOSICIÓNS...). MOITAS GRACIAS A TOD@S.

No hay comentarios:

Publicar un comentario